Citizen 2ª parte (Made in Galicia)
En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cebrián. Idea e creación: Chévere. Dramaturxia e dirección: Xron. Asesoramento musical: Xacobe Martínez Antelo. Vestiario: Chévere. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Técnica en Igualdade: Natalia Domínguez Galán. Vídeo: Quadra Producións. Co-produce: Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Organiza: Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo.
Logo do traballo realizado co proxecto Testosterona sobre identidade e construción de xénero, Chévere segue a desenvolver o seu teatro con perspectiva de xénero poñendo en escena I'LL BE WATCHING YOU (hei estar vixiándote). Trátase dun proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música comercial de consumo masivo. Os obxectivos son actuar na prevención da violencia de xénero e promover o pensamento crítico entre o gran público.
DE QUE FALA "I'LL BE WATCHING YOU"?
ILL' BE WATCHING YOU fala dos valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa. Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer fin á violencia de xénero.
DE QUE VAI "I'LL BE WATCHING YOU"?
Yeni é a vocalista e Dami o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versionaeando os éxitos do pop actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral, apolítica. Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia experiencia vital como muller, facendo participar ao público dunha nova e crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.
-
(21:45h.)