CHaNZo
Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Alex Salgueiro inician CHaNZo. Un novo proxecto en libertade. CHaNZo experimenta cunha nova paleta de elementos arriscados e informais, deixando que a música atope o seu propio camiño. Estes tres músicos galegos dispoñen da improvisación como fiel aliada, e comparten como unha obsesión a búsqueda de novos territorios musicais. CHaNZo é música negra pero non só. É groove pero non só. É jazz pero non só.
Posiblemente, CHaNZo non será para tódolos públicos.
Xacobe Martínez Antelo, baixo eléctrico, efectos.
Max Gómez, batería, percusións, efectos.
Alex Salgueiro, teclados, sintes, frautas, efectos.
-
(12:00h.)
Radio GalegaCompostela