Cara pintada, o salto da rá e outra pequenas historias
“¿Poderá un ollo distraído ollar o vóo dunha folla hoxe que todo nace para morrer axiña?”
“Para facer este proxecto non tomamos ningún punto de partida, nin sequera cremos que vaia haber un punto de chegada, é máis, non temos a sensación de que se estea a levar a cabo e moito menos de que sexa un proxecto. Cóstanos chamalo teatro por pura desconfianza, pero, por culpa diso, negámonos a chamalo con calquera outro nome.”
Esta obra é o resultado dun proceso de traballo iniciado en 2009 e que se foi mostrando en distintas ocasións: na Nave de Cambaleo de Aranjuez (maio de 2009), dentro do proxecto “Cuando todo esto haya terminado”, de Carlos Sarrió, co título de Fíos e Ausencias. E tamén en xuño de 2010, durante a celebración da Gran Convocatoria Mundial, organizada por La Tristura en La Tabacalera de Lavapiés (Madrid), co título Natureza Morta.
O espectador pode contemplar a escena com quen senta a contemplar unha paisaxe, unha paisaxe que se transforma en tempo real, un suceso, un tempo para o pensamento. A escena como un lugar para o pensamento poético, político, a beleza e a dor.
Sinopse
Unha corda que se arrandea pendurada nun prego chantado nunha parede.
Unha parede cun prego chantado do que pende unha corda.
Un prego cunha corda pendurada chantado nunha parede.
Eu, a corda, o prego, a parede.
Unha porta con chave.
A pechadura dunha porta.
Unha porta cunha pechadura sen chave.
A porta non ten chave.
Non hai chave na pechadura.
A chave dunha porta.
Eu, a chave, a pechadura, a porta.
Elisa Gálvez - Juan Úbeda
En 1993 Elisa Gálvez e Juan Úbeda crean El Canto de la Cabra, unha compañía e tamén un espazo no centro de Madrid que se convirte en referencia para as artes escénicas non convencionais. Nesa década traballan co autor Federico del Barrio (Viaje al Tártaro, Caín, ¿Qué? Nada), e con textos de Samuel Beckett e Thomas Bernhard. En 2003 estrean en El Canto de la Cabra Los días que todo va bien, o seu primeiro traballo creado desde o escenario, sen a figura do director nin a do autor e sen máis intérpretes ca eles. Nesta mesma liña, dous anos despois, estrean Trece años sin aceitunas, peza que se presentou na Nasa en 2008. En xaneiro de 2009 pechan a sala, deixan Madrid e vanse vivir a un pequeño pobo de Ávila, desde onde continúan o seu traballo creativo.
-
(13:45h.)
-
(13:45h.)