Cacheiras Nadal Comedy 2014
Cacheiras Nadal Comedy é un proxecto de teatro comunitario feito entre un grupo de comerciantes de Cacheiras e a compañía Chévere, que forma parte das actividades incluídas no plan de residencia teatral que Chévere desenvolve no concello de Teo.
Despois da extraordinaria experiencia do ano pasado, nesta segunda edición o público poderá presenciar seis intervencións escénicas creadas conxuntamente por comerciantes, artistas e clientela compartindo escenarios insólitos dentro de cada comercio, con formatos que botan man do musical, do xudo, do testimonio, do recital ou do teatro de obxectos. Este ano a idea é explorar as relacións que se establecen entre as persoas que venden e as que mercan, as posibilidades de habitar o pequeno comercio, os afectos que provoca, as experiencias que acolle. Un xeito de poñerlle cara ao comercio e coñecer ás persoas que están do outro lado do mostrador ou da mesa. Un convite a usar o comercio que temos máis preto, a mudar os nosos itinerarios habituais como consumidores. E un agasallo de Nadal para a veciñanza de Cacheiras e de todo o concello.
VENRES 12 DECEMBRO
11,00h.
Carlos Blanco: Quince anos contando
Panadería San José (previa recollida de convites)
19,30h.
Karaoke Empatía
TeoVet Clínica Veterinaria
19,50h.
Xa sei que tes un traxe...
Olga Martínez Novias
20,30h.
O combate dos libros
Libraría O Trasno Viaxeiro
21,50h.
Unha queixa é un agasallo?
Inmobiliaria Noval
21,15h.
Veñen por nós!
Panadería San José
21,40h.
Wellness Orquestra
Ximnasio Wellness Sport
Os horarios son referenciais. Poden producirse pequenas variacións.
COMERCIOS PARTICIPANTES 2014
TeoVet Clínica Veterinaria
Travesía de Cacheiras 12. 15883 Teo
981 806765/www.teovet.com
Olga Martínez Novias
Edificio Dolmen portal 7 nº 14. Cacheiras. 15886 Teo
981 806550/www.olgamartinez.es
Libraría O Trasno Viaxeiro
Travesía de Cacheiras 38 P2 B1 15886 Teo
981 806710/www.otrasnoviaxeiro.com
Inmobiliaria Noval
Travesía de Cacheiras 38, baixo 2. 15886 Teo
981 806757/www.noval.es
Panadería San José
Travesía de Cacheiras s/n
Edificio Os Muíños bl. 3, P-5. 15886 Teo
981 806383
Ximnasio Wellness Sport
Edificio Os Muiños s/n 15886 Cacheiras, Teo
981 802 809/www.wellness-sport.com.es
No 2013 tamén participaron Perruquería Golán, Dolmen Baños, Restaurante Canaletto e Floristeria Hedra.
Idea e creación: Chévere. Actúan: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Arantza Villar, Mónica García, Carlos Blanco, Paloma Bustelo, Elena Fabeiro, María José Picón, Rocío García Cacheda, Andrés Mosquera Rey, Nelly Fernández Pérez, Ana María Martínez Castro, Natalia Gómez Bayón, Juan, María, Óscar. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Cuco Pino/Quadra Producións. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto deseño asociados. Unha produción Chévere, compañía residente no concello de Teo. Este proxecto conta co apoio da concellaría de cultura do concello de Teo.
-
(19:30h.)
Cacheiras15883 teo(19:30h.)
Cacheiras15883 teo