Jazz en Teo
Dentro das actividades que o grupo Chévere promove no concello de Teo como compañía residente, a partir de setembro artellaremos unha parte da programación baixo o formato de monográficos, paquetes concentrados de actividades dedicadas a unha determinada disciplina artística. Cada monográfico inclúe accións de divulgación en colaboración con entidades culturais do concello, espazos de encontro profesional, un diálogo aberto entre artistas, mediadores e público e unha mostra de propostas creativas representativas do que se está facendo en Galicia.
Este primeiro monográfico está dedicado ao jazz que se está facendo en Galicia. A idea é convidar ao público, a músicos, afeccionados e veciños a que veñan pasar en Teo un día intenso arredor do jazz, con concertos, proxeccións, jams e faladoiros. Un día de encontro, diálogo e música ao vivo que será o domingo 30 de setembro. Na semana anterior faranse ademais unha serie de actividades para a difusión e divulgación da música de jazz en varios espazos do concello de Teo.
Este é o programa:
24 luns IES Cacheiras
Encontro ao vivo con músicos de jazz: Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Pablo Castaño (saxo alto), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería).
26 mércores ás 23,00h. A Senra Café (Pontevea)
Jam Session co Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet: Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Pablo Castaño (saxo alto), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería).
30 domingo todo o día A Ramallosa
AVISO IMPORTANTE: A entrada adiantada dá dereito a acceder a todas as actividades do día e ter un 20% de desconto en todos os libros e discos que se poñan á venda. Se mercas a entrada adiantada tamén podes reservar a túa praza para o xantar na Santa Sede (ao lado do auditorio da Ramallosa) a un prezo de 10€. O aforo para o xantar é reducido, e só se poderán atender as primeiras 25 reservas. Envíanos un correo electrónico a: info@grupochevere.eu, indicando no asunto "xantar jazz" re recibirás a confirmación de volta.
12,30h. FACTOR -E-RESET (noneto dirixido por Marcos Pin). Concerto guiado e comentado para todas as idades. Auditorio da Ramallosa, prezo en taquilla: 5€
Con Marcos Pin (guitarra), Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Max Gómez (batería), Javier Pereiro GDJazz (trompeta), Pablo Castaño (saxo alto), Luis Miranda (trombón), Toño Otero (saxo tenor), Xosé Lois Miguélez Pelís (saxo tenor), Ton Risco (vibráfono).
14,00h. XANTAR na Santa Sede (aforo limitado)
16,00h. FALADOIRO E CAFÉ (na Santa Sede), con Juan Torreiro (xornalista e blogueiro especializado en jazz), Pilocha (cantante e condutora do programa de jazz da Radio Galega "Estrano Froito") e Luis Vila Pillado (melómano empedernido). Recuperamos o formato tertulia para situar a escena jazz en Galicia.
18,00h. STRAIGHT, NO CHASER (Clint Eastwood, 1988). Proxección da película documental sobre Thelonious Monk, no auditorio da Ramallosa.
20,00h. CONCERTOS EXPRÉS, Tres concertos de media hora encadeados, que rematarán nunha jam session na que se mesturarán todas as-e-os músicos asistentes. Auditorio da Ramallosa. Prezo en taquilla: 10€
Xacobe Martínez Antelo Quinteto (Marcelino Galán, guitarra. Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo. Max Gómez, batería. Pablo Castaño, saxo alto. Toño Otero, saxo tenor)
Ton Risco Quinteto (Marcos Pin, guitarra. Juan Cañada, contrabaixo. Max Gómez, batería. Javier Pereiro GDJazz, trompeta. Ton Risco, vibráfono).
Sumrrá (Manuel Gutiérrez, piano. Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo. LAR Legido, batería)
Jam Session aberta a calquera músico asistente.
Durante todo o día haberá unha mostra de discos e libros á venda no auditorio.
Outra Información de interese:
Ton Risco Quinteto
http://www.myspace.com/tonrisco
http://es-la.facebook.com/events/365264116867663/?ref=nf
Factor -E- Reset
http://www.marcospin.es/
http://www.jazzlugo.com/artistas/60/marcos-pin-factor-e-reset
Xacobe Martínez Antelo Quinteto
www.xacobemartinezantelo.com
www.jazzfromgaliza.com
http://redenasa.tv/gl/post/xacobe-martinez-antelo-quinteto/
Sumrrá
http://www.sumrra.com/
http://redenasa.tv/gl/post/sumrra-believe-in-trane-2/
A Senrá Café
Pontevea, s/n - PONTEVEA - 15886 Teo (A CORUÑA)
981 815 744 asenracafe@gmail.com www.asenracafe.es
Local moi recomendable do concello, situado na estrada Santiago-A Estrada xusto antes de Pontevea. Podes tomar un café de mañá, comer, cear ou ir tomarlle unha copa e, se hai sorte, mesmo podes ver unha actuación en directo, tanto música como teatro (Carlos Blanco, Quico Cadaval...)
http://www.facebook.com/pages/A-Senra-Cafe/290904104328697
-
(12:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(12:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.