A velocidade das cousas
Dirección, coreografía e interpretación: Janet Novás. Iluminación: Pedro Fresneda. Vestiario: Juano Rodríguez. Música: Haru Mori.
“O meu corpo como un pequeno país, como un obxecto para representar pequenas historias que se convirten nunha. Bocas abertas, sedentas, afogadas no seu propio pranto ou na súa propia gargallada, sons enxordecedores e invisibles.
Só hai un obxectivo, sentir algo, non importa o que.”
Esta obra non pretende iniciar unha procura en ningún tempo pasado nin futuro, só pretende situarse fronte ao espectador como cando o pintor se enfronta a un lenzo en branco e da renda solta ao seu imaxinario a partir da primera pincelada.
O encontro de experiencias e sentimentos que xurden na escena agrúpanse desenvolvendo matices indistintamente, onde o espectador pode apreciar diversas tonalidades emotivas e altibaixos que conforman a dinámica desta obra.
O corpo, a música, os obxectos, as voces, as luces e sombras debuxan esta obra e invitan a introducirse na intimidade das súas formas, na intensidade dos xestos e no segredo que estes agochan.
Proponse ao espectador unha viaxe íntima, chea de emoción e humor.
-
(13:54h.)