A derradeira fila
Uno y Trino é un espectáculo de humor perpetrado por Quequé en compañía do músico Raúl Martín. A historia dun home que, máis ca cantar, trina como un paxaro en celo tratando de chamar a atención. Unha maneira de coñecer en vivo e de primeira man as surrealistas andainas dun cómico que, despois de pasar por todo tipo de programas de TV xunto aos máis importantes showmans do medio, decide probar fortuna no mundo da música. E cun obxectivo ben claro: compoñer unha canción que estea en boca de todo o mundo, que sexa número 1 nas listas de éxitos e que lle dea cartos a estalla. O que dentro do mundiño da música coñécese como “facerse un rickastley (ou un manutenorio)”. Humorista, presentador e guionista, a súa carreira como cómico desenvólvese tanto na tele como na radio ou en calquera escenario teatral. Despois de gañar o II Certamen de Monólogos do Clube da Comedia, colabora en diversos programas televisivos como La Corriente Alterna, La Noche con Fuentes y Cía. Ou Noche Hache, no que presentaba La Guerra de los Medios. Actualmente é colaborador de do programa de radio Abierto hasta las 2, de RNE.
-
(09:26h.)
-
(09:26h.)