Ultranoiteo CON Ultrabús
En xuño volve a Ultranoite ao auditorio da Ramallosa en Teo. E coma sempre, volve para facer escarnio da actualidade con nocturnidade e alevosía. Despois do éxito do pasado mes de abril, mantense o Ultrabús para quen queira ir e vir sen agobios. E como estamos ás portas do verán, imos experimentar un novo formato de Ultranoite: a Ultranoite en sesión vermú e con xantar incluído o domingo, a ver que vos parece a idea.
Os temas
Nestes días o tema estrela segue sendo a economía, os recortes, a crise. Sobre todo a nacionalización de Bankia, a estampida de presidentes de bancos, o risco de que España ou a banca española teñan que ser rescatadas pola Unión Europea. E falando de Europa, menos mal que nos queda Eurovisión, con esas mulleres rusas poñendo un pouco de color. Por aquí por Galicia, e despois de fulminar a Conde Roa coa mirada, Feijóo quere todo o protagonismo para él: un día se trae a petroleira mexicana Pemex para unhas fotos, outro día monta un late night show en Intereconomía rodeado de 12 mulleres "sen piedad". No mundo cultural todo volve ao seu sitio: Guede no CDG, a CdC no Gaiás e a RAG sen un peso. E no medio de todo este fregado, empeza a Eurocopa de seleccións para apaciguar ás masas.
O equipo
De todo isto tratará a Ultranoite, onde tamén haberá unha lembraza para algunhas voces que deixaron de soar como Donna Summer ou Robin Gibb. Farémolo co equipo habitual e con algúns reforzos, de momento xa está confirmada a participación de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Carlos Blanco, Mónica García, Arantza Pinheiro, Marcos Ptt Carballido, Pablo Reboleiro, Carlos Meixide, Tomás Lijó, Pepe Penabade. E contaremos co acompañamento musical da Ultrabanda: Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. Os vídeos son cousa de Cuco Pino. A técnica pasa polas mans de Fidel Vázquez. A billeteira é responsabilidade de Inés. E o servizo de bar de Javier e a xente da Santa Sede.
O Ultrabús
22,05h. Saída de Santiago de Compostela, rúa da Rosa.
Paradas en Pontepedriña, Os Tilos (arriba de todo), Montouto (á altura do bar Che2), Cacheiras e Ramallosa.
Regreso ao rematar a Ultranoite, arredor das 02,00h. co mesmo percorrid.
Prazas limitadas.
A sesión vermú do domingo: Ultranoite+xantar na cova do Santiso
Para prolongar a Ultranoite e ofrecer unha opción distinta a un público distinto, preguntáronnos por que non faciamos unha ultranoite o domingo antes do xantar, como as míticas sesións vermú da pachanga. Dito e feito. Imos probar e experimentar. Propoñemos unha Ultranoite o domingo antes do xantar, máis lixeira e relaxada para abrir o apetito dos espectadores. E ao rematar o vermú, marchar desde a Ramallosa ata Luou, apenas 3 km., para xantar no Fogar de Santiso, un lugar enxebre e mítico que quere ser cómplice desta Ultranoite. No Santiso imos descubrir o seu segredo mellor gardado, un novo espazo gastro-cultural: a Cova do Santiso, un comedor excavado na rocha reservado ese día para o público da Ultranoite. Xose e a xente do Santiso ofrécennos un menú-degustación baseado na cociña da terra, os produtos ecolóxicos da súa horta e o coidado das súas mans. Na sobremesa tamén se ofrecen a ensinarnos as súas hortas e o resto de instalacións. E para nós é unha oportunidade de xerar novas sinerxias no concello de Teo e abrir horizontes á experiencia teatral.
O prezo da Ultranoite sesión vermú+xantar na Cova do Santiso é de 26€ (20€ polo menú-degustación e 6€ polo espectáculo). Prazas limitadas.
-
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.