Titulado en Psicoloxía Social pola USC posúe unha formación artística e musical básicamente autodidacta. En 1991 contribuiu a poñer en marcha o grupo experimental Kozmic Muffin, no que participou activamente como batería, percusionista e guionista durante máis de 10 anos. Desde que forma PARTO en 1999, xunto co batería Luis Alberto Rodríguez Legido e o guitarrista Pablo Rega, dedicase a profundizar no estudio da forma e o son na música experimental e particularmente na disciplina da improvisación libre.
No ano 2002 empeza a traballar con L.A.R Legido no prototipo do que é actualmente o Aquófono. Esta investigación levounos por moitos camiños que escapan do estritamente musical xa que lograron crear unha nova forma de xerar son musical a partir de pingas de auga. Este proxecto ampliou enormemente os horizontes do grupo Parto xa que lles permitiu introducirse en eidos tan diversos como as Novas Tecnoloxías, a Arte Contemporánea, a Ecoloxía da Auga ou os obradoiro didácticos dirixidos a nenos e adolescentes. Desde o 2003 forma parte moi activa do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, sendo o responsable da programación de sesións vibracionais dedicadas á difusión da improvsación libre na Sala NASA. Neste contexto, no 2007 xurde a orquestra de improvisación OMEGA, da que forma parte.
Subido por RedeNasa 12 de decembro de 2011 ás 15:59